Thursday 02 de May de 2024

300 atletas participan no VIII Cros Ambiental e a IV Andaina Concello de Ordes


Tivo lugar en Ordes o VIII Cros Ambiental e a IV Andaina Concello de Ordes Memorial Estevo Xosé. Unha das citas deportivas máis importantes das que se convocan na comarca, e que este ano contou con aproximadamenten 300 atletas de todas as categorías.
O VII Cros Ambiental e a III Andaina Concello de Ordes Memorial Estevo Xosé están organizados polo Club de Atletismo Ordes e o Concello de Ordes, contando co patrocinio e a colaboración de María Fraga, Eurofrut, Panadería Gende, hamburguesería A Bolera, confeitería Nogallás, Susana Morlán, Bar Correos e a Deputación da Coruña. A convocatoria taméntivo un marcado carácter solidario, xa que tamén se recolleu un bo lote de alimentos para ser distribuidos entre as familias máis necesitadas do concello.